Páxinas

sábado, 7 de abril de 2012

Obradoiro en familia no Verbum

Obradoiro en familia: Fai un títere
Data: Sábado 14 de abril de 17:00 a 20:00 horas.
Organizado pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Debe mandarse cuberto un boletín de inscrición por algún destes medios:

  • por correo electrónico a verbum@vigo.org (é suficiente con poñer a información solicitada no corpo do correo)
  • fax 986240633
  • entregar directamente no Verbum (Avda. Samil, 17 - Vigo)
Só se terán en conta as inscricións (en persoa, por correo ou por fax) que se reciban a partir das 10:00 horas do 10 de abril.
A selección farase pola orde de chegada da inscrición. Cada persoa só pode entregar un máximo de 3 inscricións. Verbum comunicarase, individualmente, coas persoas que participarán no obradoiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se tes algo que dicir sobre este tema deixa aquí o teu comentario. A túa opinión interésanos.