Páxinas

jueves, 12 de abril de 2012

Teatro para familias

Auditorio Municipal do Concello de Vigo
22 de abril ás 18:00 horas
O texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar á pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas. o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca desde todos os rincóns do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se tes algo que dicir sobre este tema deixa aquí o teu comentario. A túa opinión interésanos.