Páxinas

jueves, 10 de mayo de 2012

Talleres de Vigozoo


A Concellaría de Medio Ambiente actuará cun acto de sensibilización este sábado, 12 de maio de 2012 e dende as 17:00 ás 19:00 horas para os nenos e nenas de 6 a 12 anos de Vigo. Participarán na construción de caixas nido, de madeira reciclada, para as aves migratorias que se están a instalar en Vigo e que logo iranse colocando polos técnicos de Medio Ambiente do Concello de Vigo ou por voluntarios do programa do "Camiño a Camiño" da Concellaría de Medio Ambiente. Tamén coñecerán e participaran na elaboración de caixas niño para morcegos, algunhas das cales se colocarán no Vigozoo.
Todos aqueles nenos e nenas que desexen participar nestas actividades poderán anotarse ao longo da semana, de Luns a Venres chamando por teléfono ao 010 ou ben apuntarse no Vigozoo ao achegarse alí mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se tes algo que dicir sobre este tema deixa aquí o teu comentario. A túa opinión interésanos.