LIBROS PARA SOÑAR celebrará este venres 25, a partir das 18:30 horas, unha sesión especial de contacontos na que se combinará a linguaxe oral e a LINGUAXE DE SIGNOS. A logopeda Eva G. Menduiña, profesora de audición e linguaxe no Ceip Escultor Acuña de Vigo, explicará que é a linguaxe de signos e, coa axuda da intérprete Aránzazu Casas Avendaño, contará un conto da súa autoría no que se van compaxinar os dous códigos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se tes algo que dicir sobre este tema deixa aquí o teu comentario. A túa opinión interésanos.