Páxinas

miércoles, 8 de mayo de 2013

Artur e Clementina na Casa da Lectura

O mércores 8 de abril ás 18:30 horas, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura (Nogueira, 8 - Donas, Gondomar 36380) estará centrada no conto de Adela Turín, Artur e Clementina (Kalandraka). Publicada por primeira vez na sonada colección “A favor de las niñas” da editorial Lumen, trátase dunha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se tes algo que dicir sobre este tema deixa aquí o teu comentario. A túa opinión interésanos.