Páxinas

miércoles, 23 de octubre de 2013

Folga no C.E.I.P. Chans-Bembrive



A NOSA ANPA MANTÉN O SEU REXEITAMENTO Á LOMCE E CHAMA ÁS FAMILIAS, AO PROFESORADO E A TODOS OS SECTORES CONVOCADOS A SECUNDAR A FOLGA EDUCATIVA DO 24 DE OUTUBRO.



A nosa ANPA únese á convocatoria de Folga no Ensino e fai un chamamento á comunidade educativa para que o vindeiro 24 de outubro non asista ao C.E.I.P. Chans-Bembrive, e participe nas protestas e manifestacións contra os recortes e a nova Lei de Educación.

 A nosa ANPA, como moitas outras ANPAS e Federacións de ANPAS de Vigo e a súa comarca, da Comunidade Autónoma e do territorio nacional, mantén o seu rexeitamento á nova Lei Orgánica de Mellora da Calidade do Ensino (LOMCE), aprobada no Congreso dos Deputados o pasado xoves 10 de outubro. Considera a ANPA ‘O Lecer’ do Chans-Bembrive que esta nova normativa supón un paso atrás respecto aos avances da educación nas últimas décadas.

A falla de consenso e o rexeite da comunidade educativa que caracterizan á LOMCE é unha mostra clara do prexuizo que supón para o sistema de ensinanza pública e para a súa calidade. Por iso, facemos un chamamento a secundar a FOLGA EDUCATIVA do vindeiro 24 de outubro e animamos ás familias a que non leven ás súas fillas e aos seus fillos ao centro escolar, en protesta pola nova Lei Educativa e contra os recortes, en defensa dunha ensinanza pública de calidade para todas e todos.

POR MOR DA FOLGA NON SE GARANTE O BO FUNCIONAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NIN DA AULA MATINAL AÍNDA QUE OS/AS NENOS/AS ESTARÁN COIDADOS/AS EN TODO MOMENTO


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se tes algo que dicir sobre este tema deixa aquí o teu comentario. A túa opinión interésanos.