Queremos pedirvos dende a ANPA 'O Lecer' do colexio público Chans-Bembrive ás familias que queredes amosar o voso apoio ao noso director que levedes no coche (especialmente no cristal traseiro) este cartel. Así quen o lea saberá que non estamos de acordo cos argumentos da Xunta de Galicia para aplicar estas sancións e que esiximos que non sexan executadas.

