Páxinas

sábado, 21 de septiembre de 2013

Observación de aves en Samil

O Grupo Naturalista Vacaloura (entidade viguesa sen ánimo de lucro que ten como principais actividades o estudo e a conservación das especies e espazos naturais de Galicia) organiza unha xornada de observación de aves migratorias en Samil.

A ruta estará guiada por expertos naturalistas e proporciónase como material unhas sinxelas fichas para os participantes máis novos, guías de aves para a identificación e telescopios para facilitar a observación.
  • Cando?: domingo 22 de setembro, a partir das 11:00 e ata aproximadamente as 13:30
  • Onde?: o punto de encontro é a porta principal do Complexo Deportivo de Samil, ao lado da desembocadura do Lagares
  • Canto custa?: a asistencia é libre, así que o custe é o do billete do Vitrasa para chegar a Samil.
  • Máis información: na páxina do Grupo Naturalista Vacaloura en Facebook.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se tes algo que dicir sobre este tema deixa aquí o teu comentario. A túa opinión interésanos.