Páxinas

sábado, 21 de septiembre de 2013

Rosalía Pequeniña en Ponteareas

Rosalía Pequeniña 
O auditorio Reveriano Soutullo acollerá este espectáculo o vindeiro xoves, día 26 de setembro, ás 19:00 horas, e está dirixido a un público familiar e é completamente gratuíto.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, trae a Ponteareas o espectáculo musical familiar “Rosalía Pequeniña”, para conmemorar a celebración do 150.º aniversario da publicación de “Cantares gallegos”, de Rosalía de Castro.
En “Rosalía Pequeniña”, a recoñecida cantante Uxía ponlles voz a 11 poemas de Rosalía de Castro acompañada da música do brasileiro Sérgio Tannus. A ritmo de blues, muiñeira ou rock, a xente miúda da casa e as súas familias poderán achegarse aos poemas máis coñecidos da poetisa, como “Maio Longo” ou “Como chove miudiño”, e seguir cantando en galego logo do remate do espectáculo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se tes algo que dicir sobre este tema deixa aquí o teu comentario. A túa opinión interésanos.