Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Festa de Nadal da ANPA

Como o ano pasado e con motivo destas datas tan familiares, a ANPA 'O Lecer' celebra para toda a comunidade educativa do centro escolar: nenos e nenas, familias, mestres e mestras e persoal non docente, esta Festa chea de obradoiros, doces e entretenimento. Agardámosvos no pavillón do colexio!!!



Xa estamos a vender as rifas (só 50 céntimos c/u) do sorteo dunha fantástica cesta con excelentes productos de Nadal. O sorteo terá lugar na Festa de Nadal do sábado pero non é presencial, así que non é preciso estar alí para ser o gañador ou gañadora da cesta. Realmente é un agasallo espléndido xentileza de Mundoclases que colabora con nós tamén nesta ocasión.