Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

viernes, 8 de mayo de 2015

Xogos de feira en Pontevedra


Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico para toda a familia


Aínda quedan prazas libres para o Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico para adultos e nenos nas praias de Fontaíña e Baluarte do vindeiro sábado 9 de maio de 10:30 a 13:00 horas 


Nesta actividade poderán participar persoas adultas e nenos (estes últimos acompañados por algún adulto), e se realizarán diferentestarefas relacionadas coa conservación do medio natural desta zona litoral: Revisión e mantemento do valado protector das dunas, reposición de carteis sinalizadores, eliminación manual de plantas exóticas invasoras (Conyza canadensis e Arctotheca calendula) e limpeza de lixo. Tamén faremos un percorrido para coñecer as plantas das dunas desta praia. Ó remate todos os participantes recibirán un merecido avituallamento.
Animádevos a participar e se vides acompañados polos vosos fillos e sobriños, mellor aínda.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome, teléfono e, no caso dos menores, idade.

Festa do Espantallo en Ponteareas