Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

sábado, 12 de mayo de 2012

Carreira Solidaria Save the Children

Patrocinada pola Entidade             Organizada pola ANPA 'O Lecer'
    Menor de Bembrive                            do Chans-Bembrive


CARREIRA SOLIDARIA DO CHANS-BEMBRIVE

Queremos lembrarvos a todas as familias do Chans que este sábado ás 11:00 horas teremos a Carreira (camiñata) Solidaria Save The Children polo sendeiro de Eifonso (Bembrive) para recadar cartos este ano para os nenos da República Democrática do Congo.

Queremos informarvos como novidade, que porán a funcionar o Muiño da Pedrosa para que os nenos/as e nós poidamos ver como funciona. Como agardamos que veña o bo tempo (polo menos as previsións eso din) queremos aproveitar tamén para animarvos a que vos quededes a comer no Pouso, pois teremos preparados algúns xogos tradicionais para que pasemos un bo rato entre todos.
Agradecer, un ano máis, a vosa colaboración solidaria e a vosa participación nesta actividade que, como sempre, está a ser moi ben recibida pola vosa parte. Sabemos que nos tempos que estamos é un gran esforzo o que facedes.
                                                     Grazas! 

1 comentario:

Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as " O Lecer" dijo...

Temos que dar as grazas á Entidade menor de Bembrive polo seu apoio e patrocinio un ano máis; ao Colexio, que estivo moi ben representado, por participar con nós desta actividade solidaria; e a todos vós, coma sempre, por teres respondido tan ben e con tanto ánimo e espírito festivo nesta nova edición. Agora só tedes que axudar aos rapaces a recoller a aportación dos patrocinadores da súa carreira e mandalo ao colexio nun sobre co seu nome e curso para darllo ao seu profesor ou profesora. Nós farémosllo chegar a Save the children. De novo, GRAZAS!