Actividade para nenos/as de 6 a 12 anos. Máximo de 30 participantes. A actividade levarase a cabo o vindeiro venres 4 de maio, de 18.00 a 20.00h, na parte exterior da biblioteca.
'Pescando palabras, cociñando poemas' é unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca Xosé Neira Vilas para achegar a figura de Valentín Paza Andrade, homenaxeado este ano nas Letras Galegas, aos máis pequenos. Trátase dunha xincana lingüística na que os participantes, a través de varios xogos e retos, terán que ir "pescando" palabras de poemas e textos de Paz Andrade que despois terán que "cociñar", para ir recreando o universo creativo do autor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario