O Concello de Tomiño abre o prazo para inscribirse gratuitamente no I Torneo de Baloncesto 3x3 baixo o lema Encesta nas letras que vai ter lugar no Pavillón de Goián. A cita será o vindeiro sábado 19 de maio, a partir das 16.00 horas.
Para poder participar pódese inscribir ata o 16 de maio inclusive, no Departamento de Deportes do Concello de Tomiño. Así mesmo os interesados poden solicitar a inscrición e o regulamento ou ben a través do correo electrónico cultu.deporte@gmail.com ou chamando ao 986 622 001.
Os equipos que se inscriban estarán formados por un mínimo de tres compoñentes e un máximo de catro e poderán ter carácter mixto.
TAMÉN EN TOMIÑO

No hay comentarios:
Publicar un comentario