O sábado 12 de maio terá lugar na Praza do Pobo Galego (detrás da Porta do Sol) a 2ª Festa de África organizada por REDES (Rede de Desenvolvemento Solidario) para concienciar a toda a sociedade da realidade positiva do continente africano.
Dará comezo ás 18:00 horas con distintos obradoiros levados a cabo por xente africana: té con buñuelos, peiteado, henna e percusión. Ao redor das 20:00 horas darán comezo as actuacións musicais a cargo de dous grupos galegos e un africano.
Será unha festa de clausura do terceiro e último ano de campaña, que tivo como tema central a saúde. O obxectivo da festa é achegar África, continente cheo de riqueza e posibilidades a toda a sociedade, e todos xuntos, pasar unha tarde divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario