Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

domingo, 6 de mayo de 2012

Día das Letras galegas na Biblioteca Xosé Neira Vilas


Co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza unha serie de actividades complementarias ao redor do homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade, que favorecerán o achegamento da súa vida e a súa obra á cidadanía. 
  • Mostra bibliográfica: persoas usuarias da biblioteca
  • Acto conmemorativo: público adulto
  • Obradoiro para nenos: nenos/as de 3 a 10/12 anos

OBRADOIRO PARA NENOS/AS

O rato Comeletras visitará novamente a biblioteca, nesta ocasión para achegarnos a figura de Paz Andrade: quen foi, que fixo, onde viviu... Faremos esta aproximación a partir dunha das súas facetas, a de colaborador en diferentes xornais. Entre todos os participantes elaborarase un xornal baseándose na súa figura, traballando distintos momentos da súa vida e das súas obras.

Finalmente, e por grupos, os rapaces terán que localizar unha serie de pezas na biblioteca para completar varios quebracabezas que representan obxectos importantes na vida de Valentín que comentaremos despois entre todos con Comeletras.

Horarios: Mostra bibliográfica: do 1 ao 31 de maio de 2012 / Acto conmemorativo: mércores 16 de maio de 2012 ás 19:00 horas / Obradoiro para nenos: venres 18 de maio ás 18:00 horas.



No hay comentarios: