O Concello de Santiago quere dar a coñecer o deporte da escalada. Con este fin organiza unhas xornadas gratuítas enfocadas a todas aquelas persoas que queiran iniciarse neste deporte, con independencia da súa idade e condición física. As xornadas celebraranse os domingos 3 e 10 de xuño, de 10:00 a 14:00 horas, no pavillón de Fontiñas (rúa Fontes do Sar s/n), onde está instalado o rocódromo.
Máis información no enderezo de correo electrónico:
dptodeportes@santiagodecompostela.org ou no teléfono 981 528 730.
No hay comentarios:
Publicar un comentario