Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

sábado, 31 de diciembre de 2011

Cambio de horarios nos obradoiros do Marco

A partir do Martes 3 de Xaneiro, o MARCO de Vigo modifica os seus horarios de apertura ao público:
-De Martes a Sábado (festivos incluídos):
Aberto de 11.00h. a 14.30h. e de 17.00h. a 21.00h.
-Domingos:
Aberto de 11.00h. a 14.30h.
-Luns
Pechado

O cambio de horarios afecta á apertura da Biblioteca-Centro que contará cun horario de tarde de 17.00h. a 21.00h. (en lugar de 16.00 a 20.00).

A partir do 14 de Xaneiro, reanúdanse os OBRADOIROS INFANTÍS de fin de semana.
-DESTINATARIOS: Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas
-LUGAR: Laboratorio das Artes (1º andar)
-HORARIO: Sábados e Domingos de 12.00 a 14.00
-PREZO
                   · 3 € por neno/a
                   · Adultos acompañantes: entrada gratuíta
                  · Amigos do MARCO: entrada gratuíta (máximo 2 nenos por adulto)

Posibilidade de grupos concertados mediante cita previa e como é habitual, durante as dúas horas que dura o obradoiro os adultos poden quedar no Laboratorio das Artes ou deixar aos nenos ao coidado dos educadores.

No hay comentarios: