Este taller realizarase de 11:00 a 13:00 horas na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas:
- Os martes 17 e 24 de xullo
- Os xoves 19 e 26 de xullo
Con este taller a biblioteca quere ofrecer aos máis pequenos unha alternativa de ocio lúdico-formativa nas mañás de xullo, ao tempo que achegalos ao mundo da pintura, da man dun dos artistas plásticos galegos máis recoñecidos no panorama artístico actual: Din Matamoro.
Destinatarios: Nenos de 5 a 12 anos.
Prazas: 25 participantes.
Inscrición: Os interesados en participar neste obradoiro poden formalizar a súa inscrición a partir do 1 de xullo. O obradoiro é gratuíto e as prazas cóbrense por orde de inscrición. A inscrición farase para cada unha das sesións de forma independente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario