Gondomar celebra a I Festa Medieval do 24 ao 26 de agosto
Gondomar revive esta fin de semana a época dos cabaleiros e señores feudais coa celebración da I Festa Medieval de Gondomar. Xograres, artesáns , zancudos e guerreiros daranse cita do 24 ao 26 de agosto nas prazas do Concello e da Alameda para dar vida a esta recreación histórica na que non faltarán espectáculos de rúa, música, teatro e un espazo reservado para o público infantil.

A rúa será escenario durante toda a fin de semana ademais de espectáculos de monicreques, zancudos e pasarrúas e tamén acollerá a representación teatral da peza ‘A captura do dragón’, protagonizada por un dragón xigante articulado que require a manipulación de tres profesionais para ser movido.
A I Festa Medieval inaugurarase o 24 de agosto ás 20 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario