Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

martes, 12 de febrero de 2013

'Domingos do Principal' en Pontevedra

El bosque de Grimm

O domingo 17 de febreiro, como sempre ás 12 :00 horas e ás 18:30 horas, temos de volta os Domingos do Principal co espectáculo El bosque de Grimm de La Maquiné (Granada). 
Que sería de Carrapuchiña ou de Polgariño sen o bosque onde perderse? Un espectáculo sen palabras inspirado nos contos Carrapuchiña, Branca de Neve, A bela adormecida e Polgariño.
Produción de mirada contemporánea, que a través de títeres, obxectos, proxeccións e música, poñeranos a proba do que lembramos dos contos de sempre. Teatro de actor e monicreques. Recomendado a partir de 6 anos. Duración: 48 minutos.
Máis información en
http://www.lamaquine.com/
Espectáculo recomendado por La Red Española de Teatros y Auditorios
Entradas en servinova a un prezo de 3€ + gastos e no caso de non esgotarse, dúas horas antes na billeteira a 3€. Mercadea xa!!!

No hay comentarios: