Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

miércoles, 18 de septiembre de 2013

'Xincana' para nenos e nenas en Salceda

A Concellería de Medio Ambiente ten previsto realizar o vindeiro 21 de setembro unha xornada de actividades de concienciación ambiental dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos. A cita terá lugar no Parque Recreativo dos Agoeiros a partir das 16:30 horas da tarde.
A actividade constará dunha “Xincana da natureza” con diversos xogos por equipos nos que primarán a importancia da reciclaxe selectiva dos diferentes residuos, o coñecemento da biodiversidade, e a inmersión no mundo animal..., entre outros. Os equipos participantes competirán demostrando cal é o que combina maior destreza e coñecemento do entorno natural.
Para participar hai que inscribirse previamente no correo electrónico de medioambiente@salcedadecaselas.es ou na Casa da Cultura, ata o 19 de setembro.

No hay comentarios: