Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

lunes, 28 de octubre de 2013

Rastrexo Nocturno de Samaín para toda a familia


O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde organiza o I Rastrexo do Samaín en Saxamonde na noite do 1 de novembro. O rastrexo nocturno é unha marcha polos montes e barrios da parroquia de Saxamonde chea de probas e sorpresas. A marcha organízase en equipos de 2 a 6 persoas que, coa axuda dun mapa guía e unha lanterna, terán que percorrer un total de 4,5 km na noite do 1 de novembro. Ao longo do percurso, cada equipo terá unha serie de probas que irán superando. Os equipos non saberán nin as probas nin o trazado da marcha ata que o vaian descubrindo as claves no seu mapa guía.
Nesta primeira edición hai dúas modalidades: unha para adultos ou menores acompañados de adultos e outra para cativos. Esta segunda está deseñada polos arredores do centro Cultural Chan das Pipas, pero conta, tamén, con diferentes probas a superar.


No hay comentarios: