Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

domingo, 30 de septiembre de 2012

Contacontos en Librería Hobbit

SÁBADO 6 DE OUTUBRO ÁS 12 HORAS
LIBRERÍA HOBBIT. Rúa As Teixugueiras 32, Navia (Vigo).
Contaremos un clásico da literatura infantil:

O COELLIÑO BRANCO
O coelliño branco é a adaptación dun conto popular portugués na que un coelliño sae a buscar coles para un caldiño e ao regreso non pode entrar na súa casa porque unha terrible cabuxa ocupou o seu fogar. O pobre coelliño non atopa axuda entre os animais da granxa pois todos eles temen enfrentarse á feroz cabuxa ata que se demostra que a valentía non é cuestión de tamaños...
O coelliño branco é un texto-fórmula que xoga de forma especial coa sonoridade e maila rima, e está concebido tanto para ser lido coma para ser contado.

No hay comentarios: