Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

martes, 20 de marzo de 2012

Animación á lectura na Biblioteca de Nigrán



A concellería de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán, en colaboración coa Xunta de Galicia, porá en marcha unhas actividades de animación á lectura para os máis pequenos, a través de campaña “Letras Vivas 2012”. As actividades terán lugar na Biblioteca Municipal de Nigrán ao longo dos meses de marzo, abril e maio.
A primeira actuación será o venres 23 de marzo ás 17.00 horas, e correrá a cargo da compañía de animación “Teatro Patán”, baixo o título de Imaxina. O mércores 18 de abril celebrarase unha maratón de lectura entre as 16.00 e as 20.00 horas, previa inscrición na Biblioteca Municipal. O venres 20 de abril tócalle a “Érase unha vez…unha estantería”, ás 17.00 horas coa animación de “Mundo Piruleta”. Unha nova actuación de “Teatro Patán” pechará o ciclo o mércores 16 de maio, baixo o nome de “Leer ou non leer”, esa é a cuestión, tamén ás 17.00 horas.
 

No hay comentarios: