Hoxe fomos a Apípolis. A visita foi guiada e con actividades complementarias, e estivo moi ben, tanto para nenos coma para adultos. O prezo non é precisamente económico, xa que son 10€ por persoa (os nenos tamén), pero inclúe a visita á Mostra, ir ver as colmeas (con traxe de apicultor e todo), ver o proceso de fabricación do mel e levar un botiño, e facer unha vela que tamén nos levamos para a casa. Realmente vale a pena. Só tedes que xuntarvos dez amigos e facer unha reserva. Os rapaces pasarano en grande!
Tedes máis fotografías na nosa páxina de Facebook.
Tedes máis fotografías na nosa páxina de Facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario