Con motivo da exposición que o Pazo da Cultura acollerá ata o 11 de novembro "Na beira do río. Diálogos na pintura", Ana Seoane (artista da mesma xunto a Teresa Brutcher) impartirá dous obradoiros de pintura e fotografía. Constuindo unha cámara fotográfica a partir dunha caixa de zapatos, os nenos/as tomarán e revelarán as súas propias fotografías, sobre as que posteriormente aplicarán técnicas de pintura. O obxectivo da mesma é aillar obxectos e persoas, tal e como o fai a propia artista na súa obra.
Grupo 1: Sábado 3 de novembro, de 11:30 a 13:30 horas.
Grupo 2: Sábado 10 de novembro de 11:30 a 13:30 horas.
Idade: Nenos e nenas de 9 a 12 anos. Prezo: Gratuíto. A propia organización facilitará o material. Prazas: 30 (15 o día 3, e outras 15 o día 10)
Inscricións: A partir do luns 22 de outubro de 09:00 a 14:00 horas no Pazo da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario