Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

lunes, 18 de marzo de 2013

Danza Oriental en familia

Obradoiro mensual con Margarita Outeiral 

Danza oriental para avoas, nais, fillas e fillos 
- Sábado 23 de marzo 
- Horario de 17:00 a 19:30 horas
- Lugar: O Manancial de Cangas


A danza está ligada ao festexo, dende o familiar ata o popular. Deste xeito, os nenos e as nenas aprenden a bailar con naturalidade nun ámbito de confianza.
Haberá un recuncho para a lactación, unha pequena jaima para o descanso, vestiario para a ocasión, instrumentos musicais árabes e, a metade do obradoiro, descanso merenda cun té mouro. 
A chegada será a partir das 16:30 h, media hora antes, para ter tempo como primeiro contacto, para empaparnos coa contorna, cambiarnos de roupa e demais preparativos e a saída, do mesmo xeito, coa despedida.
Prazas limitadas. Anotaranse por orde de inscrición.
Imprescindible facer reserva nos teléfonos: 699.418151 / 986 392 341 / 637 170 003 ou no correo electrónico do Manancial omanancial@omanancial.org
Achega de 15€ para a nai, avoa, que asisten sen nenos ou futura nai.
20 € para nai e fillos. 
25€ para avoa, nai e fillos.


No hay comentarios: