Venres 15 de marzo ás 18.30 horas.
Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas de Vigo
A compañía de monicreques Tanxarina celebra con nós o segundo aniversario da biblioteca ofrecéndonos o seu espectáculo “Timoteo o amigo do labrego”. Timoteo é unha adaptación do conto de Terry Jones, unha historia relatada con animacións diversas e traballo actoral, nun divertido e permanente xogo escenográfico cheo de "gags" imaxinativos e situacións cómicas. Tres tolos titiriteiros coa axuda dos monicreques contarannos historias que falan de cousas de agora mesmo, con todo o sabor dos contos tradicionais: o valor da amizade, tres portas e un concurso, sapos e mariñeiros… e unha chea de sorpresas.
Destinatarios: Público familiar. Nenos a partir de 3 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario