A Concellería de Cultura e Festas organiza para os primeiros días de xaneiro un parque infantil no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo. O parque contará con diversas actividades para distintas idades: inchables, espazo de multiaventura, rincón de xogos, obradoiro de educación vial, Carteiro Real e actuacións en directo do pallaso Popín, de monicreques e de magos.
Horarios e prezos
Aberto de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
O xoves 3 abrirá só de mañá
Entrada 1€
Entrada válida por unha sesión de mañá ou de tarde
Os espectáculos, aínda que son gratuítos coa entrada ao parque, teñen aforamento limitado, polo que hai que retirar unha entrada no propio auditorio para coller sitio. Tamén podedes descargar o programa en este enlace.
Máis información:
Descarga o programa aquí