Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

domingo, 16 de diciembre de 2012

A noite do Apalpador na Biblioteca de Chapela

A noite do Apalpador
O venres 21 de decembro, ás 18:30 horas a Biblioteca de Chapela comprácese en convidar a nenos e adultos á presentación deste fermoso libro, editado polo CONCELLO DE REDONDELA, sobre unha das tradicións galegas máis interesantes en relación co Nadal galego.
Xurxo Valcárcel, autor do poema A noite do Apalpador e mais Pepe Carreiro, coñecido ilustrador e creador de inolvidables personaxes na literatura infantil galega, estarán connosco para falarnos do Apalpador e mais para debuxar ao personaxe.
A actividade é gratuita, e a entrada libre, ata completar aforamento. Agasallaremos aos asistentes con exemplares do libro*
(*Ata agotar exemplares dispoñibles)

No hay comentarios: