O Nadal vaise aproximando e no Contomar deste luns, 10 de decembro, xa leremos contos de Reis, como é o caso de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis. Pero haberá moitos máis contos: Cocorico, Cando chove ou Os Bolechas van de pesca, son outras das historias que se van escoitar ese día. A actividade comeza ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.
E Contos en Cueiros será o venres 14 tamén na Biblioteca de Gondomar a partir das 18:00 horas, coa actuación de Xabier Díaz e Guillermo Fernández que presentarán o seu traballo Arrolos de Salitre, un disco de nanas e arrolos destinado especialmente a bebés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario