Unha hora de xogos e cancións.
O venres 14 de decembro ás 18.00 h na parte alta da Praza de Abastos de Moaña.
Entrada de balde ata completar aforo.
Para nenas e nenos de 4 a 12 anos.
O Servizo de Normalización Lingüística organiza este obradoiro lúdico-musical pensado para pasar unha hora entretida e divertirse en familia. Actúa Pesdelán: grupo musical que xorde da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilia, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.). É un obradoiro pensado para o público familiar. Unha oportunidade única para que pais, nais, avós, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido. As pezas que imos bailar e cantar son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé e foron recollidas en distintas zonas da xeografía galega e portuguesa. No obradoiro de Pesdelán participan: Patricia López (voz e percusións), Montse Rivera (voz e ensino de danzas), Santi Cribeiro (acordeón) e Carlos Freire (percusión).
No hay comentarios:
Publicar un comentario