O domingo 22 de abril Espazo Lectura convoca a toda a cidadanía a que acuda a Gondomar, ás 12 horas a unha SENTADA LECTORA que terá lugar na Alameda. Trátase de coller un libro e sentar no chan da Alameda, enchéndoo de persoas con libros, nunha reivindicación cívica da lectura. Lerase un Manifesto a favor da lectura, actuará o grupo Migallas para o público infantil e despedirémonos coa actuación do coro Cantares do Brión.
Vente cun libro a Gondomar e ÚNETE Á REBELIÓN DA LECTURA.
Onde hai libros, hai futuro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario