Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

sábado, 7 de abril de 2012

Conferencia de José Antonio Marina


Data: 12 de abril ás 18:30 horas.

Conferencia a cargo de José Antonio Marina, filósofo e autor de A educación do talento e O cerebro infantil: a gran oportunidade.

José Antonio Marina dirixiu as súas investigacións ao estudo da intelixencia e do pensamento, en especial aos mecanismos da creatividade artística, científica, tecnolóxica e económica. É fundamental a súa achega ao ámbito da educación en España, colaborando habitualmente co Goberno central en programas de mellora da mesma e como asesor.

Inscrición previa antes do 10 de abril. Aforamento limitado. Máis información en 981 060 099 educabarrie@fbarrie.org

No hay comentarios: