Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

domingo, 15 de abril de 2012

O Xabarín cumpre a maioría de idade

Coincidindo co seu 18 aniversario, o espazo infantil e xuvenil da Galega estrea os vídeos musicais de Roger de Flor e Os Silvestres e de Ruxe-Ruxe.
En agradecemento as súas achegas á lingua galega, dous colexios da provincia de Pontevedra:  o CEP de Sequelo (Marín) e o EEI Monte de Guía (Vigo), uníronse para festexar cun programa de actividades esta data singular.


O porco bravo máis lonxevo da televisión obsequiará os seus socios cun lote de agasallos do seu compañeiro inseparable de aventuras, Doraemon. É por esta especial relación de complicidade que existe entre o gato cósmico e o porco bravo, que os distribuidores de Doraemon, Luk Internacional, participarán deste aniversario obsequiando aos socios cun lote de novos produtos do gato azul composto por 5 crebacabezas, 5 DVD's, 5 mochilas, 5 gorrocópteros e 1 casco de moto. Para optar a calquera destes premios, os socios de “Xabarín Club” deberán contestar a unha pregunta que se lanza desde hoxe e ata o mércores no programa.

1 comentario:

Tegriña dijo...

Graciñas por axudarnos a difundir este traballo, que estamos facundo con tanta ilusión! Moitos biquiños!