Coincidindo co seu 18 aniversario, o espazo infantil e xuvenil da Galega estrea os vídeos musicais de Roger de Flor e Os Silvestres e de Ruxe-Ruxe.
O porco bravo máis lonxevo da televisión obsequiará os seus socios cun lote de agasallos do seu compañeiro inseparable de aventuras, Doraemon. É por esta especial relación de complicidade que existe entre o gato cósmico e o porco bravo, que os distribuidores de Doraemon,
Luk Internacional, participarán deste aniversario obsequiando aos socios cun lote de novos produtos do gato azul composto por 5 crebacabezas, 5 DVD's, 5 mochilas, 5 gorrocópteros e 1 casco de moto
. Para optar a calquera destes premios, os socios de “Xabarín Club” deberán contestar a unha pregunta que se lanza desde hoxe e ata o mércores no programa.
1 comentario:
Graciñas por axudarnos a difundir este traballo, que estamos facundo con tanta ilusión! Moitos biquiños!
Publicar un comentario