Venres 13 de abril ás 19:30 horas.
A Biblioteca de Chapela está a piques de cumplir o seu 7º aniversario. Para celebralo, este ano vai desenvolver unha actividade moi interesante na que poden participar todos os rapaces dende os 3 aos 10 anos aos que lles gusten os libros:
Van crear o seu propio libro ilustrado!!!
Para dirixir esta actividade van contar cunha mestra de luxo: a escritora e ilustradora de contos infantiles Amalia Pérez Otero, que os axudará na creación literaria e artística da que será a primeira obra literaria da biblioteca, a través da actividade "Soños de algodón".
Recomendámosvos inscribirvos con anterioridade na biblioteca (só tedes que chamar ao 986 454 226 e deixar os vosos datos), xa que as prazas son limitadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario