O vindeiro sábado día 28, ás 21:00 h, e no Multiusos de Arcade, vai ter lugar a segunda actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Soutomaior. O obxectivo deste programa é crear espazos de uso e de aprendizaxe do galego ligados ao lecer, á cultura e ás novas tecnoloxías.
Velaquí un espectáculo dirixido a todos os públicos, dende os nenos e as súas familias ata os máis vellos da casa. Baseado na literatura oral galega, este contacontos compleméntase coa ilustración en directo do relato feita con area. Os asistentes recibirán como agasallo un libriño cos contos que escoitaron. Tamén podedes acceder ao documento Contos arredor do microondas, con estratexias e reflexións para seguir contando na casa.
A duración é de aproximadamente 50 minutos e está dirixida a tódolos públicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario