Domingo 6 de maio de 18:00 a 19:00. Auditorio Municipal de Vigo.
Pío é un novo espectáculo que mestura o teatro de actor e o de títeres. Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia, que nos conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga, sen ningún referente que seguir. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura unha morea de animais que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa. No final desta fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro. Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns títeres deseñados por Óscar Villán (Premio Nacional de Ilustración, coñecido por ilustrar “O coelliño Branco” ou “A Cebra Camila”.
5€ adultos e 3€ menores de 12 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario