Dende esta Xunta Directiva agardamos que os contidos vos sexan de utilidade e que este sexa un lugar de participación e encontro para axudarnos a facer do noso un Colexio mellor. Se tedes os/as nenos/as estudiando no C.E.I.P. Chans, facede á vosa familia da ANPA e participade. Calquera momento é bo!

PATROCINADORES FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

Buscar neste blog

miércoles, 13 de junio de 2012

Última Peque-Ruta da tempada con O Coto

17 de xuño de 2012

Hora de saída: 11:00 horas 
Adro Vello é un importante xacemento arqueolóxico que se atopa ao borde da praia de O Carreiro. En capas superpostas temos os restos de: unha villa romana, unha necrópolis de inhumación (S. V-XVIII), a planta dunha igrexa visigótica (S. II) i elementos dunha fortificación da Baixa Idade Media (posterior ao S. XII) feita como protección ante posibles agresores que chegasen por mar.

Dará explicacións sobre o xacemento arqueolóxico a arqueóloga Pilar Barciela. 
A maior parte do percorrido ubícase dentro do Espazo Natural "Complexo Ons-O Grove" dentro da Rede Natura 2000. 
 Observacións:
  • Todas as saídas son dende o Colexio Público do Carballal (R./ Lomba 1-) Accedese pola Avda. do Aeroporto a altura da Rinxela
  • Máis información nos teléfonos: 986487957-676524529 (Jose)
  • Dudas ou preguntas: andaina@ocoto.org

No hay comentarios: