Data: 01/07/2012 ás 11:00 horas no Lago Castiñeiras (Cotorredondo).
Organiza: Club Montañeiros Celtas
Lembrade, comunicar ao club se podedes asistir nesta nova data á pequemarcha.
Outra pequemarcha (xa sabedes, menores de 9 anos acompañados de país/nais/avos, tíos,..): esta vez no Lago Castiñeiras. Veremos as aves que viven, descansan e/ou se alimentan no lago. Se levamos prismáticos poderemos observalas con detalle (se somos capaces que “a xente máis miúda” apunte ben. Tamén son interesantes algunha guía de aves. Continuaremos pola contorna parándonos nas mámoas para coñecelas, valoralas e como resto arqueolóxico importante dirixirlle unha visual crítica sobre o estado no que se atopan estas construcción funerarias prehistóricas. Faremos o percorrido con algunha paradiña relacionada coa vexetación, coas vistas sobre as rías e, se se pode, co centro de interpretación e recuperación de aves alí existente. Marcha sinxela e circular, onde se pretende pasar unha xornada cos máis cativos desfrutando todos na iniciaciación ás actividades ao aire libre. Se o tempo o permite. Atentos á web.
SOCIOS: 2€ NON SOCIOS: 3€
NENOS DE BALDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario