O Porriño Industrial FC despide a tempada 2011/2012 cunha gran festa. Durante toda a xornada deste sábado, 23 de xuño, o Complexo Deportivo do Lourambal acollerá múltiples actividades organizadas polo club e que conta coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Porriño.
Desde as 10:00 horas haberá partidos das diferentes categorías. Ao mediodía realizarase un receso para a comida e pola tarde renóvase o xogo con máis encontros.
A festa continuará entrada a noite coa proxección, nunha pantalla xigante, do partido de cuartos de final da Eurocopa España-Francia, tras o cal celebrarase a tradicional fogueira de San Xoán para pór o broche final a unha xornada festiva na non faltará a animación con actuacións musicais e atraccións inchables para os máis pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario