Un ano máis, o mes de agosto é o mes dos pintores na biblioteca. Durante 5 días coñeceremos distintas obras ou técnicas de expresión artística, que intentaremos plasmar nós mesmos.
Este verán coñeceremos "O home de Vitrubio" de Leonardo daVinci, "A cidade dos soños" de Paul Klee, inspirarémonos nos rosetóns das vidreiras para facer mandalas, achegarémonos á obra "Harran II" de Frank Stella e a obra de M.C. Escher "Transformacións".
Faremos 4 grupos de 15 rapaces de idades comprendidas entre 7 e 14 anos. Anótate a partir do 1 de xullo na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario