Unha actividade para nenos desenvolverase na noitiña do 23 de xuño, na véspera de San Xoán, antes da hora das meigas na que se prenden as fogueiras.
Terá lugar ás 20:00 horas no Edificio Castro Monteagudo cunha duración aproximada de 45 minutos.
Esta proposta está destinada a nenas e nenos, que poden vir acompañados dos seus pais. Consiste no relatorio dun conto inédito, escrito expresamente para esta noite máxica, que conxuga dun xeito moi orixinal historia, lendas, xogos populares, cantigas,… que como nunha rolda xiran arredor da festa de San Xoán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario